60 anos de experiencia

Polos anos setenta, un pequeno taller de pintores modernízase e baixo dirección familiar crean a firma chamada «Semal-Rot», incorporando novas técnicas e materiais de rotulado. Baixo esta denominación, nos anos oitenta, entraría no incipiente mundo da rotulación informatizada.
Dende o ano 1994, a renovación constante dos sistemas, formas e materiais levaron a actual «Galega de Carteis, S.L.», herdeira das anteriores, a figurar coma unha das máis importantes empresas do sector, con importantes recursos humanos e técnicos, así como de modernas instalacións que facilitan o seu ben recoñecido traballo.

Compromiso e servizo

Os nosos medios de produción permiten dar unha resposta rápida os requisitos específicos do cliente, asegurando un servizo urxente e eficaz.

Innovación constante

Traballar para un amplo rango de sectores, algúns cuns esixentes estándares de calidade, obríganos a estar na vangarda dos últimos adiantos técnicos. Para facelo dispoñemos dun equipo humano altamente cualificado, así como medios de desenvolvemento que nos permiten innovar constantemente, aplicando os novos procesos para adaptar os nosos produtos ás necesidades do mercado.